O acceso da cidadanía aos fondos documentais é libre, segundo recolle o art. 105 b da nosa Constitución, sen máis límites que os derivados do estado de conservación e máis as restricións establecidas pola lexislación estatal e autonómica vixente.

Para consultas en sala, o usuario identificarase mediante documentación acreditativa (DNI, pasaporte…), e cubrirá o formulario de solicitude correspondente, dispoñible nesta web. Tamén se podera solicitar información polo correo electrónico, teléfono, fax…sempre que se faciliten os datos do impreso.