Consulta en sala

Ten capacidade para oito investigadores, ofrécese ademáis información e asesoramento técnico.

        Reprografía

Facilítanse fotocopias simples, copias compulsadas e/ou certificadas e copias en formato dixital dos documentos que forman parte do fondo do arquivo, sempre que a normativa e as condicións de conservación o permitan.

        Biblioteca auxiliar

É unha biblioteca especializada en arquivística, historia, dereito administrativo e temas de Galicia.  Pódese consultar na sala.

Acceso ao catálogo da Biblioteca auxiliar e ás coleccións de fotografías e carteis.