Estás en:Arquivo Historia

Historia

DIPU AZUL.jpg

As Deputacións Provinciais xorden a raíz da Constitución de Cádiz de 1812, como organismos dependentes do centralismo estatal. A Deputación da Coruña nace no ano 1822. Temos que esperar á Constitución progresista de 1869 para dotar ás Deputacións de poder político coa súa propia autonomía para a consecución dos seus fins. Mais será no século XX co Estatuto Provincial de 1925, cando quedan constituídas como o auténtico órgano da Administración Local que coñecemos hoxe. (Pique na imaxe ou aquí para máis información)

Funcións_Deputación.jpg

 

As deputacións, desde inicios do século XIX, caracterízanse polo exercicio dun maior ou menor número de competencias, ao compás da evolución política condicionante. A análise histórica das sucesivas lexislacións determina as competencias para exercer.

As suas tres grandes funcións de goberno, administración e servizos, tradúcense na xestión documental de múltiples actividades, de modo que a organización institucional require un sistema de clasificación funcional dos documentos producidos, despregado en funcións específicas e actividades (Pique na imaxe ou aquí para consultalas).

Arquivo.jpg

A primeira referencia documental sobre o arquivo témola no "Regulamento interior das dependencias da Deputación Provincial da Coruña" de 1889 que establece as súas funcións nos artigos do 64 ao 71. Consta o nomeamento de D. Bernardo Barreiro de Vázquez Varela como arquiveiro no ano 1888 e tamén o de Manuel Murguía no ano 1909.

Durante o século XIX e a primeira metade do XX o arquivo acompañou á institución polas diversas sedes que tivo na cidade. Os sucesivos traslados fixeron efecto na conservación documental.

No ano 1867 a Deputación estrea novo Palacio Provincial, obra de Faustino Domínguez. Na distribución interna xa figura un local destinado a arquivo na planta baixa, á esquerda. Con todo na década dos anos 70 situábanse nos faiados. Por mor dunhas obras de ampliación das oficinas, nos anos 80 os documentos foron almacenados temporalmente no Pazo de Mariñán, onde se deterioraron gran parte deles. Grazas á iniciativa do arquiveiro de entón, D. Fernando Urgorri Casado, recupéranse e organizan unhas 5000 caixas.

Desde 1985 o arquivo, que depende de Secretaría, atópase na rúa Archer Milton Huntington, instalado nun edificio, obra do arquitecto provincial Jacobo Rodríguez-Losada Trulock, que inicialmente foi residencia de antigos alumnos dos colexios da Deputación. A partir desta data inícianse os traballos de descrición que continúan na actualidade.

A escasez de información do século XIX e primeiro terzo do XX débese á combinación de tres causas, todas elas negativas: falta de continuidade no posto de arquiveiro, deficiencias na conservación e unha política de destrución masiva. Das tres, a máis grave foi a funesta política de destrución masiva e incontrolada de documentación, mediante a súa "venda ao peso" propiciada pola R.O. do Ministerio da Gobernación do 30 de marzo de 1927 ( Gaceta de Madrid do 2 de abril de 1927). Na inmediata posguerra a propia administración volveu favorecer a venda ao peso da documentación.

O Arquivo está constituído por diversos fondos sendo o de máis volume o da propia Deputación. Está formado pola institución provincial dende o século XIX ata a actualidade. As funcións históricas que lles corresponderon ás Deputacións Provinciais nestes séculos, con diversa e contraditoria lexislación, resúmense en dous ámbitos:

  • O fomento e a administración da provincia e dos intereses provinciais
  • A asistencia aos municipios

 

                     

Logo Arquivo 2020.jpg

 Guía do Arquivo

1. - ÁREA DE IDENTIFICACIÓN
     1.1.- Código de referencia: ES.GA. 15030.ADAC
     1.2.- Título: Archivo de la Diputación Provincial de A Coruña = Arquivo da Deputación da Coruña.
     1.3.- Fechas de producción: 1822-
     1.4.- Nivel de descripción: Fondo.
    1.5.- Volumen da unidade de descrición: 6832 m/l e 78 caixóns en planeras (52953 caixas arquivadoras, 5400 libros (libros antigos, resolucións e libros de actas), 11922 fotografías, 600 negativos, 380 diapositivas, 2374 carteis, 536 gravados, 5741 planos e mapas, 83 obxectos, 1351 rexistros sonoros, 115 documentos audiovisuais...).
Biblioteca auxiliar: monografías 1287 volúmenes, títulos de publicacións seriadas 38, CD- ROM 10.

(Pique no logo ou aquí para consultala)