Premio boas prácticas
Con data 13 de agosto de 2026 publicáronse as bases reguladoras de dito premio no BOP número 153.
Achegamos a ligazón ás bases:
O premio busca recoñecer e premiar o traballo realizado por entidades sen ánimo de lucro do ámbito dos servizos sociais, que desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña.
A convocatoria consta de dúas modalidades:
A) Modalidade de proxectos Destinada a recoñecer proxectos ou iniciativas de boas prácticas desenvolvidos no ámbito dos servizos sociais, que comprenderá as seguintes categorías: · Investigación científica no ámbito dos servizos sociais
- Iniciativas no ámbito rural.
- Persoas maiores, discapacidade e dependencia.
- Familia, infancia e adolescencia.
- Inclusión social.
B) Modalidade de traxectoria da entidade Destinada a recoñecer a contribución continuada dunha entidade ao desenvolvemento dos servizos sociais e á mellora do benestar da cidadanía. Esta modalidade está destinada a entidades con máis de 20 anos de traxectoria na data de presentación da candidatura.
O prazo de presentación de solicitudes iniciouse do día 1 de setembro de 2026 e rematará ás 14:00 horas do día 30 de setembro de 2026.
Ligazón ás bases no BOP(resolución)
Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da presente convocatoria, realizarase por vía telemática a través de la plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña https://sede.dacoruna.

