Estás en:Arquivo XIX Encuentro de Archiveros de Diputaciones

XIX Encuentro de Archiveros de Diputaciones

Descarga os libros

CUBERTA-ACTAS-web-reducido.jpgCUBERTA-MUNICIPALES-web-reducido.jpg

IMG_6248.JPG

O Grupo de traballo de "Archiveros de Diputaciones, Consejos Insulares y Cabildos" nace co obxectivo de crear un punto de encontro e un foro de debate de problemáticas profesionais e de experiencias que poidan dar solucións aos responsables e traballadores dos diferentes arquivos.

No ano 2019 o Grupo celebra o seu XIX Encontro na Coruña. Unha reunión que é unha necesidade nun momento de transición ao Arquivo Electrónico único, con vistas ao cambio de modelo que estamos obrigados a implantar antes de que finalice o ano 2020.

Este encontro da continuidade ás reunións dun foro que facilita o intercambio de coñecementos entre arquiveiros da administración local e reforza o noso papel cooperador, nunha das sesións, organizando a publicación por esta deputación dun libro sobre asistencia a arquivos municipais.

A Deputación da Coruña dá a benvida ao Grupo de Arquiveiros. Reúnense en 2019, apenas días antes de celebrarse a Semana Internacional dos Arquivos en pleno acordo co seu lema, para "Deseñar os Arquivos do Século XXI".