XIX Encuentro de Archiveros de Diputaciones
O Grupo de traballo de "Archiveros de Diputaciones, Consejos Insulares y Cabildos" nace co obxectivo de crear un punto de encontro e un foro de debate de problemáticas profesionais e de experiencias que poidan dar solucións aos responsables e traballadores dos diferentes arquivos.
No ano 2019 o Grupo celebra o seu XIX Encontro na Coruña. Unha reunión que é unha necesidade nun momento de transición ao Arquivo Electrónico único, con vistas ao cambio de modelo que estamos obrigados a implantar antes de que finalice o ano 2020.
Este encontro da continuidade ás reunións dun foro que facilita o intercambio de coñecementos entre arquiveiros da administración local e reforza o noso papel cooperador, nunha das sesións, organizando a publicación por esta deputación dun libro sobre asistencia a arquivos municipais.
A Deputación da Coruña dá a benvida ao Grupo de Arquiveiros. Reúnense en 2019, apenas días antes de celebrarse a Semana Internacional dos Arquivos en pleno acordo co seu lema, para "Deseñar os Arquivos do Século XXI".
![IMG_6106.jpg](/files/cache/11b53b2e58ec76866ce2a8cd4f8dd38f.jpg)
![IMG_6117.jpg](/files/cache/03d5cd81f885771ee7c1abedcc517a65.jpg)
![IMG_6120.jpg](/files/cache/219b619278262334b28333b3c1c0cb6f.jpg)
![IMG_6124.jpg](/files/cache/88f421e6e751d03cb090d6258d22c3d1.jpg)
![IMG_6157.jpg](/files/cache/3949102f3570cc5fdf046a8ce70ce51b.jpg)
![IMG_6137.jpg](/files/cache/c828b53100bedffacfbe7d53fba50a86.jpg)
![IMG_6159.jpg](/files/cache/3a0ee1cf3560399b511a5bbdfed7512a.jpg)
![IMG_6166.jpg](/files/cache/b305868576a69ddace65387d455c66e2.jpg)
![IMG_6183.jpg](/files/cache/11a1e8c6fcec0c76e50ebdf368ab544b.jpg)
![IMG_6191.jpg](/files/cache/8a055ed97c882e59c278b9c9a8c150a6.jpg)
![IMG_6199.jpg](/files/cache/2b7f32449dd442c73a30cd521a3c6a8e.jpg)